FORA DAS PERCEBEIRAS!!! FORA DE LABAÑOU!!

FORA DAS PERCEBEIRAS!!
FORA ESPECULACIÓN!!!!
#MANUCHAO #LABAÑOU #HIMNODASPERCEBEIRAS
As percebeiras é o nome do último anaco de terreo libre e aberto ao océano atlántico do barrio obreiro de Labañou (A Coruña- GALIZA!). Este barrio, de xente humilde, está situado na ensenada do Orzán-Riazor xusto enfronte da Torre de Hércules. O espazo libre das Percebeiras sempre foi usada polas veciñas e veciños, para xogar, desfrutar das privilexiadas vistas ao mar, pasear ou facer as suas festas populares como o San Xoán. Agora a avarenta maquina da especulación inmobiliaria proxecta a construcción duns edificios de alto standing que deixarían totalmente tapadas as modestas vivendas do barrio obreiro de Labañou, eliminando para sempre as vistas sobre o mar e sobre a Torre de Hércules, declarado patrimonio da humanidade pola UNESCO. Ademais levaríase por diante un espazo aberto e verde que é unha enorme oportunidade para unha cidade como Coruña con moi poucos parques. Esta é unha das opcións que propoñen os veciños e veciñas, a creación do Parque das Percebeiras neste privilexiado lugar. As administración Xunta PP e concello PSOE están priorizando a especulación fronte aos intereses das veciñas, empregando a falsa excusa de "necesidades de vivenda", nunha cidade con perto de 12000 vivendas baleiras.
Más info: Asociación de veciñal de Labañou
https://www.facebook.com/avlabanhou/
https://twitter.com/avlabanhou.
Graciñas Josecho, Pablo, Xurxo, Xan, Miguelón… por compartir con nos os vosos cantos e loita!